
Os ventos volverán alcanzar os 100 quilómetros por hora na noite do sábado ó domingo, segundo informaron hoxe fontes de Meteogalicia.
Aínda que durante esta próxima fin de semana tamén haberá alerta por choiva, non alcanzará os niveis do último temporal.
A alerta laranxa por refachos de ventos de compoñente oeste e suroeste, que poderían alcanzar os 100 quilómetros por hora, comezará ás dez da noite do sábado e terminará á primeira hora da mañá do domingo, segundo a predición de Meteogalicia.
As provincias máis afectadas serán as da Coruña e Pontevedra, aínda que o temporal tamén impactará en zonas altas do interior da comunidade.
Segundo Meteogalicia, nesta ocasión a inestabilidade meteorolóxica será de carácter máis débil e moderada en comparación co temporal sufrido o pasado fin de semana en Galicia.
Para hoxe espérase a entrada dunha fronte chuviosa que se intensificará ó longo da noite e afectará, sobre todo, ás provincias de Pontevedra e A Coruña, que estarán en alerta amarela.
O ceo estará nubrado mañá en Galicia, pero en xeral será unha xornada na que se espera que as temperaturas sufran un moderado descenso, con xeadas débiles nas zonas do interior.
Gracias temporal!!!
ResponderEliminar